(Fonte O Progreso de Lugo) Abadín vive marcada pola chaira que se intenta adentrar entre as ladeiras do Xistral, fusionándose no verde de prados e montes, só salpicados polas pedras que, se falaran, contarían miles de contos
Poboación
O concello de Abadín conta con tan só 2.490 habitantes espallados polas súas 19 parroquias. Deles, 1.231 son homes e 1.259 son mulleres, segundo os datos que ofrece o Ige.
Vista atrás
Na parroquia de Labrada quedan vestixios da época paleolítica, concretamente no lugar do Xestido-O Catadoiro, que datan do 6.200 a.C. Tamén se atoparon restos preto do Cadramón, no Curro Vello, no Campo do Fiouco —en Montouto— ou en Valdeinferno.
Curiosidades
O nome de Abadín aparece por primeira vez en 1562, cando o rei Alfonso VII lle cedeu os señoríos de Baroncelle, Costa da Morte e Vilarente á casa dos Luaces, un dos apelidos máis importantes na historia da zona.
FAI DE PRINCIPIO e de fin e adentrarse nel significa mimetizarse coa natureza, sen adornos nin distraccións. O peregrino que pasa por el sente que ao deixar atrás Mondoñedo remata unha etapa do seu camiño, pero tamén implica a entrada nunha paraxe sen igual: na chaira máis grande de Galicia.
Ricos ou non, o caso é que os abadineses teñen certa fixación co ouro. Tanto é así, que polas historias que se contan, en Vilarente había unha escada de ouro que comunicaba o castro desta parroquia —que ocupaba o Puntigo, onde se atopa a igrexa— ata o castro dos Cucos, da veciña Pastoriza. Pero por casualidades dos contos, esa mesma escada tamén aparece nas lendas do castro de Moncelos e no de Baroncelle.
Facendo un percorrido ata o presente, non se pode saltar a época medieval, da que quedan algunhas pontes esparexidas para atravesar os regatos que lle dan forma ao concello. En pleno medievo é cando se constrúe a igrexa de Abadín, da que queda a fachada como xoia á que venerar. Tamén as de Cabaneiro, Moncelos, Romariz e Montouto viviron e sobreviven despois de séculos en pé.
Pero se hai un templo que conta con especial veneración, ese é o do San Cosme da Montaña, en Galgao, ao que acoden centos de fieis o día da romaría. Dise que xa no século X se tiña constancia da existencia deste santuario, aínda que se localizaba no barrio dos Samordás, para logo ser trasladado á súa actual ubicación. Pero como o santo non quería estar alí, volvía outra vez para o seu lugar de orixe, aínda que as mans dun veciño dos Samordás que o transportaba puideron axudar bastante a que se realizasen os milagres deste santo.
O concello abadinés dispón nos seus 196 quilómetros cadrados centos de contos que contar, só ten que haber quen os queira escoitar. Fantasía para soñar ou darlle explicación ao que parece non tela, como cando o apóstolo Santiago subiu ao Argán para dicir: «Este é o monte do ceo» e así quedou Moncelos. Dixo Aquilino Iglesia Alvariño sobre Abadín: «Un día hamos ser neniños/ nun país bárbaro de montes/ e xesteiras inmensas, amarelas,/ e prados sempre verdes, e bois pios,/ e infinitos regatos, patuxando/ pra os muíños da mao».
Cova dos Santos. Tamén se lle chama cova da Meiga ou dos Apóstolos, por ter unhas columnas que parecen ser talladas coma santos. Atópase en Galgao e é unha habitual dos aficionados á espeleoloxía. Ten arredor de 170 metros percorribles.
Daniel Pernas. Nado en Quende en 1884, estudou no seminario de Mondoñedo e del saíu como cura. Unha das súas parroquias foi a de Baroncelle, ao mesmo tempo que escribiu unha única obra poética, Fala das musas, composta de 26 poemas costumbristas relixiosos.
D’o ermo. Algúns dos poemas desta obra refírense á Graña, Argán e aos seus arredores, onde impartiu clases durante anos Noriega Varela, o poeta da montaña.
A fala dos brañegos. Libro que compila a tradición oral do concello, grazas ao traballo do equipo Chaira.
San Cosme. Nos últimos días de setembro, os máis devotos danse cita no alto da Xesta para pedir por xente que está enferma ou para honrar a San Cosme da Montaña.
Carrilanas. Dende o alto da Corda baixan estes pequenos vehículos ata o centro de Abadín. A súa cita celébrase no verán.
Pozo do Encanto. En Labrada din que algunha vez se ten visto a unha fermosa muller que saía do pozo peiteándose cun peite de ouro
Noticias de abadín
Punto de Atención á Infancia para o curso 2026/2027
📢 O Concello de Abadín informa da apertura do prazo para a presentación de solicitudes de reserva de praza e novo ingreso no Punto de Atención á Infancia para o curso 2026/2027. 🗓️ O prazo estará aberto dende o 2 ata o 31 de maio de 2026. 📄 As solicitudes deberán...
Andaina do Camiño de Santiago dende Abadín
Andaina do Camiño de Santiago dende Abadín O Concello de Abadín organiza unha nova andaina por etapas polo Camiño de Santiago, que permitirá ás persoas participantes completar o percorrido ata a Catedral de Santiago de Compostela. A actividade desenvolverase entre o...
Oferta de emprego: auxiliares de axuda no fogar en Abadín
Oferta de emprego: auxiliares de axuda no fogar en Abadín A empresa Recursos e Programas Activos SLU, concesionaria do servizo de axuda no fogar no Concello de Abadín, informa da apertura dun proceso de selección para a contratación de auxiliares de axuda no fogar,...
III Xornadas de Atención Temperá en Mondoñedo
O próximo 9 de maio de 2026 celebrarase a terceira edición das Xornadas de Atención Temperá no Auditorio Municipal Pascual Veiga, unha iniciativa organizada polo Concello de Mondoñedo. A xornada reunirá a diferentes profesionais do ámbito sanitario, educativo e...
“CuentAna”, sesión de contos sobre igualdade no Salón de Actos Municipal
O Concello de Abadín organiza a actividade “CuentAna”, unha sesión de contos centrada na promoción da igualdade, que terá lugar o xoves 5 de marzo ás 11:00 horas no Salón de Actos Municipal. Esta iniciativa está dirixida ao alumnado do Colexio Aquilino Iglesias...
Axudas para gafas e lentillas
PLAN VEO Obxecto O Plan Veo ten por obxecto mellorar a atención visual da poboación menor de idade ata os 16 anos, incluídos, en España. Persoas beneficiarias Poderán ser beneficiarios das axudas para a adquisición de sistemas de axuda visual as persoas físicas que...
Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais
Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais Infórmase da realización do Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, que permite obter certificado de profesionalidade. Características do curso:...
💜 25N – Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Hoxe lembramos a importancia de dicir NON a calquera forma de violencia contra as mulleres. Un día para reivindicar igualdade, respecto e liberdade. Desde o Concello de Abadín unímonos á mensaxe deste 25N. #25N #NonÁViolenciaDeXénero #Abadín #Igualdade...
Cinefórum con Perspectiva de Xénero no Concello de Abadín
O vindeiro mércores 26 de novembro, ás 11:30 horas, celebrarase no Salón de Actos do Concello de Abadín unha nova actividade cultural centrada na igualdade: unha sesión de cinefórum con perspectiva de xénero. Esta iniciativa busca promover a reflexión e o diálogo...
CONCELLO DE ABADÍN

















