|
|
|
luns, 16 abril 2012 |
Hoxe, ás 12:00 h., tivo lugar a inauguración oficial da estrada LU-113 no seu treito Moncelos-Abadín. Este acto oficial foi levado a cabo polo Presidente da Xunta de Galicia, o Excmo. Sr. D. Alberto Núñez Feijóo, e o Alcalde de Abadín, D. José María López Rancaño.
A este acto acudiron outros persoeiros como a Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Dna. Raquel Arias, o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, D. Agustín Hernández, o Portavoz no Senado do Grupo Parlamentario Popular, D. Jose Manuel Barreiro, o Subdelegado do Goberno en Lugo, D. Ramón Carballo, parlamentarios, alcaldes e outros representantes da comarca da Terra Chá.
|
|
luns, 16 abril 2012 |
|
Hoxe, ás 10:30 h., o Concello de Abadín recibíu a visita do Subdelegado do Goberno en Lugo, D. Ramón Carballo Páez. A visita institucional iniciouse coa sinatura por parte do Subdelegado no Libro de Ouro do Concello de Abadín e a posterior visita ás instalacións do cuartel da Garda Civil.
A mencionada visita serviu para que o Alcalde de Abadín, D. José María López Rancaño, abordase co Subdelegado cuestións de interese para o noso municipio.
|
|
martes, 03 abril 2012 |
|
D. Alfonso Rueda Valenzuela, Conselleiro de Presidencia, Admnistracións Públicas e Xustiza, e Dna. Raquel Arias Rodríguez, Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, achegáronse ata o concello de Abadín para visitar ó alcalde de Abadín, D. José María López Rancaño, nunha visita institucional.
Despois de que o Conselleiro asinara no Libro de Ouro do Concello de Abadín, na Casa Consistorial, a visita continuou cuns desprazamentos a varios puntos do municipio onde se tiñan levado a cabo actuacións conxuntas entre o Concello e a Xunta de Galicia. Tamén se abordaron asuntos de interese para Abadín co fin de desenvolvelos nun futuro próximo.
|
|
xoves, 23 febreiro 2012 |
|
Un ano máis déronse cita no mercado feiral de Gontán os greleiros e greleiras do concello de Abadín. O pasado sábado caracterizouse por ser unha xornada soleada que permitíu que esta feira monográfica do grelo brilara no seu máximo esplendor. Unha vez máis a calidade deste vexetal foi a seña de identidade da feira debido a que existe un control previo á apertura do recinto feiral e cada mada ten garantida a súa trazabilidade alimentaria.
Por outra banda, nunha carpa anexa houbo unha degustación de caldo e empanada de grelos que foi do agrado dos visitantes. Nesta mesma carpa houbo, tamén, stands de artesanía de xénero variado e tamén se ubicaron as panaderías de Abadín que culminaron a parte culinaria da feira.
|
|
mércores, 22 febreiro 2012 |
|
O pasado domingo tivo lugar no Polideportivo Municipal de Abadín o tradicional desfile de Entroido. Un ano máis repetíuse unha grande concurrencia de público e participantes onde a imaxinación, a creatividade e o esforzo plasmáronse nun nivel moi alto de disfraces.
Despois do desfile, mentras o xurado valoraba os disfraces participantes, houbo para todos os visitantes y participantes unha merenda a base de chocolate con churros. O punto final da xornada produciuse coa entrega de premios ós mellores disfraces de cada categoría.
|
|
|
mércores, 01 febreiro 2012 |
|
|
|
martes, 31 xaneiro 2012 |
|
|
|
luns, 09 xaneiro 2012 |
|
Un ano máis os Reis Magos de Oriente achegáronse ata Abadín para visitar a todos os nenos e nenas. O pasado xoves ás 5 da tarde chegaba a Cabalgata ata o Polideportivo Municipal despois de facer un percorrido por Gontán, incluida unha visita ós maiores do Centro de Día.
Unha vez no Polideportivo, os Reis recibiron ós máis pequenos que aproveitaron os últimos intres para recordarlle as súas peticións ás Súas Maxestades para a noite máis máxica do ano. Despois desta recepción oficial os nenos xogaron cun anticipo de agasallos e disfrutaron con inchables e do chocolate con churros que tiñan preparados. Unha vez finalizada a Cabalgata os nenos e nenas abadinenses retiráronse para as súas casas á espera de que os seus sonos se facesen realidade na mañá seguinte.
|
|
|
luns, 07 novembro 2011 |
|
Un ano máis celebrouse a bicentenaria Feira de Santos na praza da feira de Gontán. A xornada estivo caracterizada pola importante afluencia de xente e do número de postos de venta a pesar da cambiante climatoloxía.
O Concello de Abadín segue a apostar polas feiras tradicionais como ben puideron comprobar os visitantes á Feira de Santos xa que puideron ver os recén estrenados “stands” de madeira que formarán parte, a partir de agora, do mobiliario da nave acristalada, así como, o cerramento de madeira da nave de gando.
A hora punta da xornada volveuse a producir a partir das 14:00 h. coa entrega de premios ós gandeiros que trouxeron o mellor gando bovino e equino.
Esta xornada, onde se mezcla perfectamente a tradición e o comercio, pechouse á noite coa actuación festiva amenizada por unha orquesta musical.
|
|
|
venres, 04 novembro 2011 |
|
|
| | << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Fin >>
| | Resultados 1 - 14 de 143 |
|
|
PARTICIPACIÓN CIDADÁ |
|
|
O tempo |
|
|
Teléfonos |
|
|