📢 O Concello de Abadín informa da apertura do prazo para a presentación de solicitudes de reserva de praza e novo ingreso no Punto de Atención á Infancia para o curso 2026/2027.
🗓️ O prazo estará aberto dende o 2 ata o 31 de maio de 2026.
📄 As solicitudes deberán presentarse no propio Punto de Atención á Infancia, acompañadas da documentación requirida, entre a que se inclúe DNI/NIE ou pasaporte, fotos do/a menor, tarxeta sanitaria, libro de familia, informe médico (de ser o caso), cartilla de vacinación e documentación acreditativa de situacións familiares específicas.
🏫 O modelo de solicitude facilitarase no propio centro.
ℹ️ Para calquera dúbida ou aclaración, as persoas interesadas poden dirixirse ao Punto de Atención á Infancia do Concello de Abadín.