O Concello de Abadín informa de que o Centro de Información ás Mulleres (CIM) Móbil visitará o municipio o vindeiro 14 de xullo de 2026, co obxectivo de achegar á cidadanía un servizo de atención, asesoramento e acompañamento especializado.

A unidade móbil situarase na Praza do Concello, fronte ao colexio, en horario de 9:30 a 14:00 horas.

O CIM Móbil ofrece información e orientación en materia de igualdade, recursos sociais e servizos de apoio ás mulleres, facilitando unha atención próxima, confidencial e accesible.

Dende o Concello de Abadín animamos ás persoas interesadas a facer uso deste servizo e a coñecer os recursos que pon á súa disposición.

Data: 14 de xullo de 2026
Horario: 9:30 h – 14:00 h
Lugar: Praza do Concello (fronte ao colexio)