O Concello de Abadín informa de que o vindeiro 28 de maio de 2026 estará no municipio o CIM Móbil (Centro de Información ás Mulleres), un servizo itinerante de atención, asesoría e acompañamento promovido para achegar información e apoio ás mulleres.

O punto de atención situarase na Avenida de Galicia, nº 2, diante do Concello, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

A través deste servizo ofrecerase orientación e atención personalizada en diferentes ámbitos de interese para as mulleres, facilitando un recurso próximo e accesible para a veciñanza.

📍 Lugar: Avenida de Galicia, 2 – diante do Concello
🗓 Data: 28 de maio de 2026
🕙 Horario: de 10:00 h a 14:00 h

Dende o Concello de Abadín animamos ás persoas interesadas a achegarse e coñecer este servizo.