O día 14 de setembro de 2022, celebrarase no Colexio de Moncelos (Abadín), un Obradoiro de “Seguridade no fogar das persoas maiores”, a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

O horario será de 16.00 a 20:00 h da tarde.

Os obxectivos do obradoiro son os seguintes:

  • Proporcionar a coidadoras/es, familiares e pacientes as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar.
  • Fomentar a autonomía a todos os membros da familia.

Programa:

a) Seguridade na realización das axudas da vida diaria no fogar:

  1. na cociña
  2. no baño
  3. no dormitorio
  4. no salón

b) Caídas, dentro e fóra do fogar:

  1. barreiras arquitectónicas
  2. accesorios de axuda: canas, cadeiras de rodas, andadores, etc.
  3. riscos dentro do fogar: alfombras, mobles, etc.

 

c)  As novas tecnoloxías como facilitadoras da seguridade dentro e fóra do fogar.

Dirixido a: cidadanía en xeral.