Concello de Abadín, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, organiza a obra de teatro “La Pimentera”, que terá lugar o día 5 de marzo de 2020, ás 11.30 h, no Salón de Actos Municipal.

Con esta obra pretendese, dende a comedia, poñer en relevancia un problema aberto nas zonas rurais nas que se invisibiliza o traballo das mulleres dos pobos, que sendo inmenso, ten un recoñecemento mínimo.

Este espectáculo, enmarcado no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, dá a oportunidade as persoas espectadoras de participar na escena e invita ao debate e a reflexión sobre os distintos puntos de vista da perspectiva de xénero.

A asistencia será gratuíta.