Febreiro é para o Centro de día de Abadín o mes do entroido. Propuxemos o noso II concurso de DISFRACES para o rede de centros do Consorcio e elaboramos tamén os nosos. 

Como veteranos de mil batallas e coñecedores das que están librando os servizos sociais e sanitarios, decidimos vestir este ano batas dos verdadeiros superheróes e presentarnos ao desfile de Abadín coas máscacas representativas da nosa terriña feitas a man.

Non fomos os máis elaborados pero é que na nosa época un vestíase un de “mascarita” co que atopaba pola casa xa que non había materiais nin tempo para facer disfraces. 

Pasábase ben con calquer cousa e iso fomos recordar desfilando o domingo 19 na carpa de Gontán. O xurado soupo valoralo e recibimos o PREMIO LOCAL, valorado en 250 euros. 


O luns de resaca aínda nos quedaron forzas para celebrar con máis parodia, o martes descansamos e o mércores choramos co enterro da sardiña. Que viva a diversión!