O Concello de Abadín, con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero, levará a cabo a proxección da curtametraxe “Postre”, da productora coruñesa Melgo Cinema e protagonizado por Luisa Merelas.
Trátase dunha curtametraxe de ficción na que se fai referencia á familia e a ancianidade.
Ao vídeo da curta súmase a proxección do “Making off” que documenta ao longo de 35 minutos como se fixo o traballo de preprodución, rodaxe e postprodución.
A actividade terá lugar o día 23 de novembro de 2022, no Salón de Actos Municipal, ás 11:30 horas.