A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia presta de xeito gratuíto a través do programa «Coidados porta a porta» unha serie de servizos destinados ás persoas maiores de 55 anos.

Os servizos, que se prestarán ás persoas que se acheguen, serán os seguintes:

  • Servizo de Audioloxía: consistente en valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
  • Servizo de podoloxía: faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
  • Servizo de estimulación da memoria: un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

A unidade móbil estár no municipio de Abadín, situado na  Praza de Gontán, os días 9, 12 e 13 de decembro de 2022.

A unidade móbil dispón de acceso para persoas con mobilidade reducida (conta con plataforma elevadora).

Para ter máis información e/ou solicitar cita previa deberán chamar ao número de teléfono  622 748 283  ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Porta-a-Porta_Triptico-2