O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER celébrase cada 8 de marzo para poñer en valor e reinvicar o papel da mesma na sociedad. Por iso, no centro de día de abadín pertencente á rede de centros de política social, adicamos a mañá a ler as historias de mulleres galegas pioneiras que abriron camiño (Concepción Arenal, As dúas Marías, Rosalia de CAstro, María Pita e un longo etc.).
Estas historias inspiradoras estimularon os recordos da infancia sobre as desigualdades existentes entre homes e mulleres na súa época. Tamén destacaron a valentía de algunhas veciñas da súa zona loitando porque se tivera en conta a súa labor como comadroas, mestras, fiadoras, criadoras, etc.