O pasado venres 3 de Febreiro celebramos en Abadín o noso 14 aniversario, unha data na que as profesionais do centro realizan un festival de artistas en homenaxe ás persoas usuarias que acuden ao mesmo. É unha actividade moi valorada que non se facía dende antes do Covid-19 e que novamente tivo unha forte acollida.

As personaxes escollidas este ano para interpretar en playback foron: Tanxugueiras, Camela, Pedrito Fernández, Azúcar moreno, George Dan, María Jiménez, Rosario Flores, Rigoberta Bandini, Rafael e grupo Beatriz. 

É un día no que recordamos a todas as 198 persoas usuarias que pasaron polo Centro asi como a todas as traballadoras e traballadores que demostraron a súa motivación e compañerismo. Por tanto, ademáis da música está moi presente a emoción por tantos momentos compartidos como unha grande familia.

Rematamos a tarde facendo entrega dunha orla con fotos individuais de todos e un poema que adicamos á toda a Rede de Política Social que coma nós cumpren anos xuntos.

Pasan os anos cargados de vida, nostalxias e feridas

Levan sorrisos, lágrimas, traspés e caídas

Pasan os anos, cargados de recordos e ensinanzas

que pasan a saudar e invaden de alegría as estancias

Pasan os anos, cheos de expectativas e esperanzas

deixando atrás traballos, metas e alianzas