O próximo mércores 8 de marzo celebrase o Día Internacional da Muller. O Concello de Abadín para conmemorar este día levará a cabo dous espectáculos, enmarcados dentro da programación de igualdade e prevención da violencia de xénero, que se realizarán o día 15 de marzo de 2023:
TODAS AS VOCES CONTAN
Este espectáculo, realizado pola compañía Trémola Teatro, está dirixido a toda cidadanía, e terá lugar no Salón de Actos do Concello de Abadín, as 11.30 h.
Sipnose
Manuela lembra historias e cancións de xuventude da súa avoa e da súa vida na aldea. Os tempos cambiaron, quizais demasiado rápido nalgúns aspectos, pero non o suficiente noutros.
Manuela e a súa avoa teñen un plan, van a rescribir o final das súas historias, onde a partir de agora, todas as voces conten.
E TI, QUE QUERES SER DE MAIOR ?
Este espectáculo, realizado pola compañía Trémola Teatro, levaráse a cabo no Colexio de Abadín, ás 12.30 h., para os nenos de idades comprendidas entre 3 a 12 anos.
Sipnose
No cole de Yoli estiveron falando das profesión. Rapidamente, os seus compañeiros e compañeiras empezaron a falar do que querían ser de maiores. Futbolista! Tik Toker! Médico!
- Pois eu quero ser camioneira !! dixo Yoli.
- Camioneira ? Yoli quere ser camioneira.
Os seus compañeiros explicáronlle que iso é un traballo de chicos. Pero a ela dalle o mesmo, quere ser camioneira e percorrer o mundo enteiro.