Aberto o prazo de solicitude de reserva de praza e novo ingreso no Punto de Atención á Infancia de Abadín para o curso 2025/2026

O Concello de Abadín informa que o prazo para presentar as solicitudes de reserva de praza e novo ingreso no Punto de Atención á Infancia para o vindeiro curso académico 2025/2026 estará aberto do 2 ao 31 de maio de 2025.

Documentación requirida:

As solicitudes deberán presentarse no propio Punto de Atención á Infancia, acompañadas da seguinte documentación:
• Fotocopia do DNI/NIE ou do pasaporte dos pais, nais ou titores legais.
• Dúas fotografías tipo carné do neno/a.
• Fotocopia da tarxeta sanitaria ou da Seguridade Social do/a menor.
• Fotocopia do Libro de Familia.
• Informe médico do/a neno/a, no que se indiquen posibles alerxias alimentarias (lactosa, glute, etc.) ou outros datos relevantes.
• Cartilla de vacinación infantil segundo o programa galego de vacinación, ou calquera outro documento acreditativo do SERGAS.
• Se procede, documentación xustificativa de:
• Familia numerosa
• Familia monoparental
• Sentenza de separación ou divorcio
• Sentenzas sobre medidas paternofiliais
• Cargas familiares
• Discapacidade, dependencia ou invalidez
• Certificado de empadroamento e convivencia da unidade familiar.

Para calquera consulta ou aclaración, poderán dirixirse ao propio Punto de Atención á Infancia do Concello de Abadín.

O que se fai público para xeral coñecemento.