Próxima a data de celebración do 25 de novembro, Dia Internacional da Eliminación da Violencia contra ás Mulleres, o Centro de Información á Muller de Mondoñedo en colaboración co Concello de Abadín, realizará actividades dirixidas ao alumnado do C.E.I.P Aquilino Iglesia Alvariño co obxecto de fomentar a igualdade en prol dunha educación que permita a adquisición e transmisión de valores humáns, comportamentos e atitudes baseadas no respeto e a igualdade de dereitos e oportunidades entre a diversidade de persoas que conforman a nosa sociedade.

Obradoiro de Igualdade para o ciclo de Infantil, Primeiro e Segundo ciclo de Primaria.
Este obradoiro impartirase no C.E.I.P Aquilino Iglesia Alvariño, o luns, 13 de novembro de 2023 ás 10.30 horas da mañá.
Primeiro leérase as historias de Artur e Clementina ou Rosa Caramelo da escritora Adela Turin e a ilustradora Nela Bosnia, pertencentes a unha colección de referencia para a coeducación e a igualdade. Despois analizaranse as rutinas cotiás da interesante Familia Barbeitas Curuxeiras, e por último, falaremos do Xénero, desmontando os mitos do patriarcado e facendo visible a discriminación á que anda están suxeitas as mulleres traballando os roles e os estereotipos con diapositivas, xogos de mesa e xogos de rol.

Obradoiro de Igualdade para o Terceiro, Cuarto, Quinto e Sexto ciclo de Primaria O obradoiro impartirase no Salón de Actos Municipal, o venres, 17 de novembro de 2023 ás 12.30 horas da mañá.

Neste obradoiro traballarase o contexto da igualdade explicando que son os estereotipos, os roles, as diferenzas entre xénero e sexo biolóxico, os axentes sociais significativos na socialización de xénero e as accións que están nas nosas mans para promover a igualdade de dereitos e oportunidades entre as nenas e os nenos.

Cómo? Invitando a participar ao alumnado nun espacio de debate, libre de prexuicios, onde todas as voces serán escoitadas e invitadas a cuestionar e reflexionar sobre as normalidades sexistas tan naturalizadas nas nosas vidas.