A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia presta de xeito gratuito a través do programa «Coidados porta a porta» unha serie de servizos destinados ás persoas maiores de 55 anos.
Os servizos, que se prestarán ás persoas que se acheguen, serán os seguintes:
- Servizo de Audioloxía: consistente en valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
- Servizo de podoloxía: faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
- Servizo de estimulación da memoria: un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
A unidade móbil estará no municipio de Abadín, situado na Praza de Gontán, os días 27, 28, 29 e 30 de xuño de 2023.
A unidade móbil dispón de acceso para persoas con mobilidade reducida (conta con plataforma elevadora).
Para ter máis información e/ou solicitar cita previa deberán chamar ao número de teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal