O Concello de Abadín organiza a actividade “CuentAna”, unha sesión de contos centrada na promoción da igualdade, que terá lugar o xoves 5 de marzo ás 11:00 horas no Salón de Actos Municipal.
Esta iniciativa está dirixida ao alumnado do Colexio Aquilino Iglesias Alvariño, co obxectivo de fomentar valores como a igualdade, o respecto e a convivencia a través da narración oral e a literatura infantil.
A través desta proposta didáctica e participativa, continúase a traballar na sensibilización e formación en igualdade entre os máis novos, reforzando o compromiso do Concello coa educación en valores.
O Concello de Abadín segue apostando por actividades culturais e educativas que contribúan ao desenvolvemento integral da infancia e á construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.