O Concello de Abadín, en agrupación cos Concellos de Mondoñedo, Riotorto e Trabada, pon en funcionamento o Servizo de Educación e Apoio Familiar, dende o 2 de marzo de 2020.
Este servizo estará a disposición das familias que o precisen e terá as seguintes funcións:
· Dar apoio ás familias ao longo de todas as etapas do seu ciclo vital en aqueles aspectos no que o precisen.
· Poñer a disposición das familias participantes atención psicolóxica, así como alternativas e recursos dispoñibles no entorno.
· Favorecer a integración, promoción e participación das familias ou unidades de convivencia en todos os ámbitos da vida comunitaria.
· Promover espacios de encontro de nais e pais enfocados á formación compartida e á mellora da educación familiar.
Para recibir asesoramento ou información por parte deste servizo poden poñerse en contacto no teléfono 982 50 80 21 ou acudir persoalmente ao Concello, os luns en horario de atención ao público, de 09.00 a 14.00 h.