A Escola Galega de Saúde para Cidadáns, en colaboración co Concello de Abadín, vai a celebrar un curso de “MOBILIZACIÓNS E HIXIENE POSTURAL” .
CONTIDOS
1ª Sesión.- Técnicas de mobilización e traslado de pacientes.
2ª Sesión.- Seguridade e ergonomía. Hixiene postural do coidador.
OBXECTIVOS
- Mellorar a información e comprensión da enfermidade por parte dos pacientes, familiares e cidadáns en xeral.
- Proporcionar as persoas coidadoras as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar.
- Fomentar a autonomía a todas as persoas da familia.
DURACIÓN
4 horas
OBSERVACIÓNS
O curso será gratuíto.
A consecuencia do Covid-19 o curso poderase levar a cabo de forma presencial ou On-line. A modalidade de impartición do curso dependerá do número de persoas inscritas.
Para inscribirse poderán dirixirse aos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Abadín ou chamando ao número de teléfono 982.508.021.