O Concello de Abadín, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, organiza o espectáculo “Contos vellos, novos finais”, cunha sesión de contos en igualdade e de tolerancia, que terá lugar o día 4 de marzo de 2020, ás 11:30 h. no Salón de Actos Municipal.
Este espectáculo, enmarcado no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, está dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño, co obxecto de romper cos estereotipos de xénero e afondar en aspectos como a igualdade no ámbito laboral ou a corresponsabilidade.