O Concello de Abadín organiza un espectáculo de maxia, a cargo da compañía Magia en la manga

 “A igualdade non ten truco” é unha charla espectáculo de maxia que procura promover a igualdade de xénero a través do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas. Da man de Sara Rodríguez e Carlos Tomico, é un espectáculo divertido e máxico, pensado para transmitir unha mensaxe esencial para a sociedade actual.

Esta actividade, enmarcada e cofinanciada polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, estará dirixida ao alumnado do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño, e realizarase o  día 26 de maio de 2021 no Salón de Actos municipal.