(Fonte O Progreso de Lugo) Abadín vive marcada pola chaira que se intenta adentrar entre as ladeiras do Xistral, fusionándose no verde de prados e montes, só salpicados polas pedras que, se falaran, contarían miles de contos
Poboación
O concello de Abadín conta con tan só 2.490 habitantes espallados polas súas 19 parroquias. Deles, 1.231 son homes e 1.259 son mulleres, segundo os datos que ofrece o Ige.
Vista atrás
Na parroquia de Labrada quedan vestixios da época paleolítica, concretamente no lugar do Xestido-O Catadoiro, que datan do 6.200 a.C. Tamén se atoparon restos preto do Cadramón, no Curro Vello, no Campo do Fiouco —en Montouto— ou en Valdeinferno.
Curiosidades
O nome de Abadín aparece por primeira vez en 1562, cando o rei Alfonso VII lle cedeu os señoríos de Baroncelle, Costa da Morte e Vilarente á casa dos Luaces, un dos apelidos máis importantes na historia da zona.
FAI DE PRINCIPIO e de fin e adentrarse nel significa mimetizarse coa natureza, sen adornos nin distraccións. O peregrino que pasa por el sente que ao deixar atrás Mondoñedo remata unha etapa do seu camiño, pero tamén implica a entrada nunha paraxe sen igual: na chaira máis grande de Galicia.
Ricos ou non, o caso é que os abadineses teñen certa fixación co ouro. Tanto é así, que polas historias que se contan, en Vilarente había unha escada de ouro que comunicaba o castro desta parroquia —que ocupaba o Puntigo, onde se atopa a igrexa— ata o castro dos Cucos, da veciña Pastoriza. Pero por casualidades dos contos, esa mesma escada tamén aparece nas lendas do castro de Moncelos e no de Baroncelle.
Facendo un percorrido ata o presente, non se pode saltar a época medieval, da que quedan algunhas pontes esparexidas para atravesar os regatos que lle dan forma ao concello. En pleno medievo é cando se constrúe a igrexa de Abadín, da que queda a fachada como xoia á que venerar. Tamén as de Cabaneiro, Moncelos, Romariz e Montouto viviron e sobreviven despois de séculos en pé.
Pero se hai un templo que conta con especial veneración, ese é o do San Cosme da Montaña, en Galgao, ao que acoden centos de fieis o día da romaría. Dise que xa no século X se tiña constancia da existencia deste santuario, aínda que se localizaba no barrio dos Samordás, para logo ser trasladado á súa actual ubicación. Pero como o santo non quería estar alí, volvía outra vez para o seu lugar de orixe, aínda que as mans dun veciño dos Samordás que o transportaba puideron axudar bastante a que se realizasen os milagres deste santo.
O concello abadinés dispón nos seus 196 quilómetros cadrados centos de contos que contar, só ten que haber quen os queira escoitar. Fantasía para soñar ou darlle explicación ao que parece non tela, como cando o apóstolo Santiago subiu ao Argán para dicir: «Este é o monte do ceo» e así quedou Moncelos. Dixo Aquilino Iglesia Alvariño sobre Abadín: «Un día hamos ser neniños/ nun país bárbaro de montes/ e xesteiras inmensas, amarelas,/ e prados sempre verdes, e bois pios,/ e infinitos regatos, patuxando/ pra os muíños da mao».
Cova dos Santos. Tamén se lle chama cova da Meiga ou dos Apóstolos, por ter unhas columnas que parecen ser talladas coma santos. Atópase en Galgao e é unha habitual dos aficionados á espeleoloxía. Ten arredor de 170 metros percorribles.
Daniel Pernas. Nado en Quende en 1884, estudou no seminario de Mondoñedo e del saíu como cura. Unha das súas parroquias foi a de Baroncelle, ao mesmo tempo que escribiu unha única obra poética, Fala das musas, composta de 26 poemas costumbristas relixiosos.
D’o ermo. Algúns dos poemas desta obra refírense á Graña, Argán e aos seus arredores, onde impartiu clases durante anos Noriega Varela, o poeta da montaña.
A fala dos brañegos. Libro que compila a tradición oral do concello, grazas ao traballo do equipo Chaira.
San Cosme. Nos últimos días de setembro, os máis devotos danse cita no alto da Xesta para pedir por xente que está enferma ou para honrar a San Cosme da Montaña.
Carrilanas. Dende o alto da Corda baixan estes pequenos vehículos ata o centro de Abadín. A súa cita celébrase no verán.
Pozo do Encanto. En Labrada din que algunha vez se ten visto a unha fermosa muller que saía do pozo peiteándose cun peite de ouro
Noticias de abadín
Concerto 11 de Marzo de 2020
“Contos vellos, novos finais”
O Concello de Abadín, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, organiza o espectáculo “Contos vellos, novos finais”, cunha sesión de contos en igualdade e de tolerancia, que terá lugar o día 4 de marzo de 2020, ás 11:30 h. no Salón de Actos Municipal....
«LA PIMENTERA»
O Concello de Abadín, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, organiza a obra de teatro “La Pimentera”, que terá lugar o día 5 de marzo de 2020, ás 11.30 h, no Salón de Actos Municipal. Con esta obra pretendese, dende a comedia, poñer en relevancia...
CONCURSO “DEBUXANDO EN IGUALDADE”
O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Mondoñedo con motivo da conmemoración do 8 de marzo como Día Internacional da Muller, organiza entre o alumnado dos centros educativos de Mondoñedo, Abadín, Lourenzá, A Pastoriza e Riotorto, o concurso de debuxo...
XI ANIVERSARIO DE APERTURA DO CENTRO DE DÍA DE ABADÍN
O próximo martes, día 11 de Febreiro de 2020, celebraráse o undécimo aniversario de apertura do Centro de Día de Abadín.Os actos da celebración consistirán no seguinte: -De 10:30-11:15: obradoiro de beleza. -As 11:30-12:30: entrega de dun poema e fotografía...
Charla-informativa «Un dormitorio cómodo e seguro»
Un dormitorio cómodo y seguro Charla-informativa "Un dormitorio cómodo e seguro" O Centro de Atención de Persoais Maiores de Abadín, en colaboración co Concello de Abadín, organiza unha charla-informativa sobre adaptacións no fogar, axudas técnicas,...
Convocatoria Educador/a Social
CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN DE 1 EDUCADOR OU EDUCADORA SOCIAL PARA O PROGRAMA DE EDUCACIÓN E APOIO FAMILIAR DA AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DE ABADÍN, MONDOÑEDO, RIOTORTO E TRABADA Formulario de solicitud...
FORMACIÓN | PREVENCIÓN DE RISCOS PSICOSOCIAIS NO COIDADO DAS PERSOAS CON DEPENDENCIA.
Información-Pág.-Web-ConcelloDescarga O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, en colaboración co Concello de Abadín, vai a celebrar un taller de “PREVENCIÓN DE RISCOS PSICOSOCIAIS NO COIDADO DAS PERSOAS CON DEPENDENCIA”. Este taller está...
O Concello de Abadín capital da espeleoloxía
Fonte. El Progreso de Lugo Unos 40 expertos visitan nueve cuevas abadinesas y de Mondoñedo Más de 40 expertos se dan cita durante este fin de semana en Abadín, el punto de encuentro del LII Campamento Galego de Espeleoloxía que organiza el club de montañismo Lucus...
CONCELLO DE ABADÍN


















