O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, en colaboración co Concello de Abadín, vai a celebrar un taller de “PREVENCIÓN DE RISCOS PSICOSOCIAIS NO COIDADO DAS PERSOAS CON DEPENDENCIA”.  

Este taller está especialmente destinado á prevención de trastornos musculoesqueléticos as persoas que prestación atención directa ás persoas en situación de dependencia.

O taller é gratuíto e consta de 16 horas de duración.

Realizarase do 4 ao 7 de novembro de 2019 en horario de 16.30 h a 20.30 h, no Salón de Actos Municipal.

As persoas que estén interesadas poderán inscribise no Concello, nos Servizos Sociais Comunitarios, antes do día 29 de outubro de 2019.

O taller inclúe o seguinte contido:

1. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE A RISCOS ERGONÓMICOS (8 horas)

a) Riscos por mobilización de persoas con discapacidade motora persoas

▪ Risco asociado á mobilización manual de persoas

▪ Alteracións do sistema musculoesquelético e a súa asociación coa sobrecarga biomecánica

▪ Identificación dos factores de risco

▪ Estratexia preventiva

b) Aplicación práctica de técnicas de mobilización de persoas e normas de hixiene postural. Utilización de axudas menores: sabas deslizantes e táboas de transferencias.

2.- MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE AOS RISCOS QUÍMICOS E BIOLÓXICOS (4 horas).

a) Precaucións básicas fronte ao risco químico e biolóxico.

▪ Tarefas con risco de contaxio de enfermidades.

▪ Que facer para evitar contaxios

▪ Accidentes con risco químico e biolóxico. Que facer

b) Aplicación práctica na aula. Medidas preventivas e actuación en cortes e salpicaduras. Uso de luvas, máscara, bata.

3. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE A RISCOS PSICOSOCIAIS (4 horas)

a) Esixencias psicolóxicas. Dobre presenza. Control sobre o traballo. Apoio social e calidade de liderado. Compensacións polo traballo.

b) Manexo de persoas con discapacidade cognitiva e patoloxías psiquiátricas

c) Aplicación práctica na aula. Simulación de caso real