Asistentes a charla-informativa sobre dano cerebral adquirido, levada a cabo o pasado 8 de agosto de 2019, no Salón de Actos Municipal de Abadín.

Nesta charla a traballadora social da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) expuso as causas principais de dano cerebral adquirido (ictus e os traumatismos craneoencefálicos), así como as pautas de actuación no caso de sufrir un dano cerebral, recursos de atención socio-sanitarios, entre outros. Para finalizar, proxectouse un vídeo onde se amosan diversas casuísticas persoais.