O próximo 9 de maio de 2026 celebrarase a terceira edición das Xornadas de Atención Temperá no Auditorio Municipal Pascual Veiga, unha iniciativa organizada polo Concello de Mondoñedo.
A xornada reunirá a diferentes profesionais do ámbito sanitario, educativo e terapéutico para abordar cuestións relacionadas co desenvolvemento infantil e a detección temperá de posibles dificultades.
Durante a mañá desenvolveranse varias ponencias centradas en diferentes aspectos da atención temperá, entre elas:
- A importancia das sinais de alerta no desenvolvemento motor, a cargo da fisioterapeuta e osteópata pediátrica Dra. Sandra Balaguer Solé.
- Unha sesión interactiva sobre neurodesenvolvemento a través de casos clínicos, impartida polo neuropediatra Dr. Ignacio Málaga Diéguez, responsable de neuropediatría no Hospital Universitario Central de Asturias.
- A prevención desde a odontoloxía en idades temperás, presentada pola odontóloga Ángela Monasterio Marqués.
- O desenvolvemento comunicativo e a súa relación coas rutinas de crianza actuais, a cargo da logopeda Dra. Iria Botana Lois, profesora da Universidade da Coruña.
A xornada comezará ás 9:00 horas coa recepción das persoas asistentes e finalizará coa clausura ás 14:30 horas.
Ao remate da actividade entregarase certificado de asistencia ás persoas participantes.
Para máis información:
📞 982 522 031
✉️ atenciontemperamondonedo@gmail.com