O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Mondoñedo organiza, con motivo do 8 de marzo – Día Internacional das Mulleres, o concurso «Debuxando en Igualdade» co obxectivo de sensibilizar e concienciar sobre a igualdade entre mulleres e homes.

📌 BASES DO CONCURSO

Participantes: Alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato dos centros educativos de Mondoñedo, Abadín, Lourenzá, A Pastoriza, Riotorto e Meira.

Modalidade: Debuxo ou ilustración en soporte cartolina, tamaño mínimo A4 e máximo A3. Técnica libre.

Temática: A igualdade entre mulleres e homes en calquera ámbito da vida (familiar, social, laboral, etc.).

Entrega: Os traballos serán entregados ao responsable designado polo centro escolar antes do 7 de marzo de 2025.

Premios: Lotes de libros e material escolar para os dous mellores debuxos en cada categoría.

📢 O fallo do xurado anunciarase o 21 de marzo de 2025 e os premios entregaranse o 29 de marzo de 2025.

🔍 Consulta as bases completas en:

DEBUXO-BASES-2025

💡 Participa e contribúe a un futuro máis igualitario!

Organiza: CIM de Mondoñedo
Financiado polo: Ministerio de Igualdade a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.