O Concello de Abadín, con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero, levará a cabo a proxección da curtametraxe “As tres caídas de María Santiso”, da productora coruñesa Melgo Cinema e protagonizado por Lucía Veiga.
Trátase dunha curtametraxe na que se fai referencia á problemática do rural galego.
Ao vídeo da curta súmase a proxección do “Making off” que documenta ao longo de 25 minutos como se fixo o traballo de preprodución, rodaxe e postprodución, ao que seguirá un coloquio coas persoas do público.
A actividade terá lugar o día 24 de novembro de 2021, no Salón de Actos Municipal, ás 12:00 horas.