O Concello de Abadín e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) organiza unha charla-informativa para sensibilizar e informar sobre o dano cerebral adquirido, que terá lugar o xoves 8 de agosto de 2019, ás 11.00 h. no Salón de Actos Municipal.
O dano cerebral adquirido é unha lesión repentina no cerebro. As secuelas desta enfermidade provocan anomalíasna percepción, alteracións físicas, cognitivas e emocionais.
As dúas causas principais de dano cerebral adquirido son o ictus e os traumatismos craneoencefálicos.
Falarase de:
- Causas como o ICTUS, accidentes de tráfico, etc…
- Signos e síntomas de alarma.
- Consellos de prevención.
- Pautas de actuación no caso de sufrir un dano cerebral adquirido.
- Recursos de atención socio-sanitarios.
A charla terá unha duración dunha hora, sendo totalmente gratuíta.