(Fonte O Progreso de Lugo) Abadín vive marcada pola chaira que se intenta adentrar entre as ladeiras do Xistral, fusionándose no verde de prados e montes, só salpicados polas pedras que, se falaran, contarían miles de contos
Poboación
O concello de Abadín conta con tan só 2.490 habitantes espallados polas súas 19 parroquias. Deles, 1.231 son homes e 1.259 son mulleres, segundo os datos que ofrece o Ige.
Vista atrás
Na parroquia de Labrada quedan vestixios da época paleolítica, concretamente no lugar do Xestido-O Catadoiro, que datan do 6.200 a.C. Tamén se atoparon restos preto do Cadramón, no Curro Vello, no Campo do Fiouco —en Montouto— ou en Valdeinferno.
Curiosidades
O nome de Abadín aparece por primeira vez en 1562, cando o rei Alfonso VII lle cedeu os señoríos de Baroncelle, Costa da Morte e Vilarente á casa dos Luaces, un dos apelidos máis importantes na historia da zona.
FAI DE PRINCIPIO e de fin e adentrarse nel significa mimetizarse coa natureza, sen adornos nin distraccións. O peregrino que pasa por el sente que ao deixar atrás Mondoñedo remata unha etapa do seu camiño, pero tamén implica a entrada nunha paraxe sen igual: na chaira máis grande de Galicia.
Ricos ou non, o caso é que os abadineses teñen certa fixación co ouro. Tanto é así, que polas historias que se contan, en Vilarente había unha escada de ouro que comunicaba o castro desta parroquia —que ocupaba o Puntigo, onde se atopa a igrexa— ata o castro dos Cucos, da veciña Pastoriza. Pero por casualidades dos contos, esa mesma escada tamén aparece nas lendas do castro de Moncelos e no de Baroncelle.
Facendo un percorrido ata o presente, non se pode saltar a época medieval, da que quedan algunhas pontes esparexidas para atravesar os regatos que lle dan forma ao concello. En pleno medievo é cando se constrúe a igrexa de Abadín, da que queda a fachada como xoia á que venerar. Tamén as de Cabaneiro, Moncelos, Romariz e Montouto viviron e sobreviven despois de séculos en pé.
Pero se hai un templo que conta con especial veneración, ese é o do San Cosme da Montaña, en Galgao, ao que acoden centos de fieis o día da romaría. Dise que xa no século X se tiña constancia da existencia deste santuario, aínda que se localizaba no barrio dos Samordás, para logo ser trasladado á súa actual ubicación. Pero como o santo non quería estar alí, volvía outra vez para o seu lugar de orixe, aínda que as mans dun veciño dos Samordás que o transportaba puideron axudar bastante a que se realizasen os milagres deste santo.
O concello abadinés dispón nos seus 196 quilómetros cadrados centos de contos que contar, só ten que haber quen os queira escoitar. Fantasía para soñar ou darlle explicación ao que parece non tela, como cando o apóstolo Santiago subiu ao Argán para dicir: «Este é o monte do ceo» e así quedou Moncelos. Dixo Aquilino Iglesia Alvariño sobre Abadín: «Un día hamos ser neniños/ nun país bárbaro de montes/ e xesteiras inmensas, amarelas,/ e prados sempre verdes, e bois pios,/ e infinitos regatos, patuxando/ pra os muíños da mao».
Cova dos Santos. Tamén se lle chama cova da Meiga ou dos Apóstolos, por ter unhas columnas que parecen ser talladas coma santos. Atópase en Galgao e é unha habitual dos aficionados á espeleoloxía. Ten arredor de 170 metros percorribles.
Daniel Pernas. Nado en Quende en 1884, estudou no seminario de Mondoñedo e del saíu como cura. Unha das súas parroquias foi a de Baroncelle, ao mesmo tempo que escribiu unha única obra poética, Fala das musas, composta de 26 poemas costumbristas relixiosos.
D’o ermo. Algúns dos poemas desta obra refírense á Graña, Argán e aos seus arredores, onde impartiu clases durante anos Noriega Varela, o poeta da montaña.
A fala dos brañegos. Libro que compila a tradición oral do concello, grazas ao traballo do equipo Chaira.
San Cosme. Nos últimos días de setembro, os máis devotos danse cita no alto da Xesta para pedir por xente que está enferma ou para honrar a San Cosme da Montaña.
Carrilanas. Dende o alto da Corda baixan estes pequenos vehículos ata o centro de Abadín. A súa cita celébrase no verán.
Pozo do Encanto. En Labrada din que algunha vez se ten visto a unha fermosa muller que saía do pozo peiteándose cun peite de ouro
Noticias de abadín
El Concello compró un camión para limpieza y para prevención de incendios
El Concello de Abadín adquiere un camión, que se usará en trabajos de limpieza en montes y en pistas y de prevención de incendios. El coste del vehículo se ha acercado a los 200.000 euros (exactamente, 198.000), y la Xunta ha efectuado una aportación de 85.000 para la...
Publicidade do «Servizo de Atención Temperá»
ANUNCIOS WEB CONCELLOS
REFORMA DO CENTRO DE DÍA DE ABADÍN
Contrato AGADER
BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A POSTA EN MARCHA DO SERVIZO DE ATECIÓN TEMPERA
CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN CONVOCADO PARA A POSTA EN MARCHA DO SERVIZO DE ATECIÓN TEMPERA DE XESTIÓN COMPARTIDA PARA OS CONCELLOS DE ABADIN, MONDOÑEDO, PASTORIZA, RIOTORTO E TRABADA O Concello de Mondoñedo logo de ver a Resolución de...
Entrevista ao Alcalde
Cando se pensa na veteranía dun rexedor, o nome deste abadinés natural da Pontenova ten que saír. Aos seus 66 anos, pode presumir de levar máis da metade da súa vida gobernando un municipio que cualifica coma "a porta grande da Terra Chá". O alcalde de Abadín abre a...
Abadín, a aposta do Grand Prix enxebre
As carrilanas teñen unha nova cita este domingo no Alto da Corda ► O descenso chairego por excelencia, que está a piques de cumprir a maioría de idade, mira ao futuro coa idea de conseguir o recoñecemento de Festa de Interese Turístico de Galicia A PUNTO DE CUMPRIR a...
Feijoó presenta en Abadín un plan para impulsar la agricultura ecológica
Feijóo presenta un plan con 50 millones para impulsar la agricultura ecológica El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presentó este martes en el municipio lucense de Abadín el Plan Estratéxico de Producción Ecolóxica 2018-2022, dotado con...
Abre un nuevo albergue turístico en Abadín
Las instalaciones, con 46 plazas, refuerzan la oferta para peregrinos en el Camino Norte Esta semana abrió sus puertas un nuevo albergue turístico privado en Abadín, el tercero en el último año. Las nuevas instalaciones, ubicadas en la Avenida de Galicia, incorporan...
Vendidos más de 1.300 kilos en la Expogrelo de Abadín
La cita, en la que también hubo desgustación de caldo y empanadas, incrementó el volumen de ventas Hay quien relaciona el número 13 con la mala suerte, pero en el caso de la Expogrelo de Abadín supo esquivar los posibles malos augurios. Así, en su decimotercera...
CONCELLO DE ABADÍN


















