É un programa da Secretaria Xeral de Emigración da Xunta de Galicia que prestará, de xeito gratuito, un servizo de oficina itinerante de atención ás personas retornadas, nunha unidade móbil.

Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán os seguintes, entre outros:

  • Temas administrativos anteriores e posteriores ao retorno
  • Prestación, subvencións e axudas
  • Asistencia sanitaria
  • Vivenda e formación
  • Orientación laboral e emprego

A unidade móbil estará situada diante do Concello de Abadín, o día 20 de MARZO de 2025, en horario de 09:00 A 14:00 h.

Se desexan ser atendidos deberán pedir cita previa no número de teléfono 900 102 380.