Oferta de emprego: auxiliares de axuda no fogar en Abadín

A empresa Recursos e Programas Activos SLU, concesionaria do servizo de axuda no fogar no Concello de Abadín, informa da apertura dun proceso de selección para a contratación de auxiliares de axuda no fogar, con incorporación inmediata.

As persoas candidatas deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Dispoñer de carné de conducir e vehículo propio
  • Contar con dispoñibilidade horaria

As persoas interesadas poden enviar o seu currículo ao seguinte enderezo electrónico:
📩 abadinSAF@recursosactivos.com

Esta oferta supón unha oportunidade para integrarse nun servizo fundamental de atención e apoio ás persoas no ámbito domiciliario.