PLAN VEO
Obxecto
O Plan Veo ten por obxecto mellorar a atención visual da poboación menor de idade ata os 16 anos, incluídos, en España.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarios das axudas para a adquisición de sistemas de axuda visual as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos:
- Ter cumpridos 16 anos ou menos no momento de solicitar a axuda.
- Ter dereito a asistencia sanitaria con cargo a fondos públicos por parte do Sistema Nacional de Saúde.
- Ter un problema de refracción acreditado por un profesional sanitario susceptible de ser corrixido por un sistema de ayuda visual, incluído no Plan Veo.
Cuantía
A axuda concedida terá un importe máximo de cen euros (100 €), con IVA incluído, por persoa beneficiaria.
Gastos subvencionables
O Plan Veo financia a adquisión dos seguintes sistemas de axuda visual:
- Montura básica de gafas con lentes graduadas orgánicas con antirreflexante
- Lentes graduadas orgánicas con antirreflexante.
- Lentes de contacto e solución líquida necesaria para o seu mantemento, ambas con unha cuantía suficiente para o seu uso durante o período de un ano.
Solicitudes
As solicitudes da axuda realizaránse únicamente de forma presencial nun establecemento de óptica participante no Plan Veo (a óptica encargarase de tramitar a axuda co Ministerio de Sanidade (consultar el mapa de de ópticas adheridas en https://planveo.cgcoo.es/buscador).
A persoa beneficiaria menor de idade, deberá acudir a unha óptica co seu pai, nai ou titor legal, que será a persoa responsable da solicitude.
Plazo:
A adquisición de sistemas de axuda visual as persoas físicas será ata o 31 de decembro de 2026 ou ata o agotamento do crédito dispoñible.
Información :
Página web:www.sanidad.gob.es