O vindeiro mércores 26 de novembro, ás 11:30 horas, celebrarase no Salón de Actos do Concello de Abadín unha nova actividade cultural centrada na igualdade: unha sesión de cinefórum con perspectiva de xénero.
Esta iniciativa busca promover a reflexión e o diálogo arredor das cuestións de xénero a través da proxección audiovisual, xerando un espazo de participación activa e pensamento crítico entre as persoas asistentes.
Data: Mércores 26 de novembro
Hora: 11:30 h
Lugar: Salón de Actos do Concello de Abadín
O Concello convida á veciñanza a participar nesta proposta de sensibilización e compromiso coa igualdade.