O vindeiro martes, 28 de outubro de 2025, ás 11:00 h, terá lugar no Colexio de Moncelos de Abadín unha charla informativa sobre prevención e seguridade vial, dirixida a toda a cidadanía.

A actividade será impartida pola Guardia Civil de Tráfico e ten como obxectivo concienciar sobre a importancia do cumprimento das normas de circulación, fomentar a condución responsable e mellorar a seguridade nas estradas do noso concello.

🛑 Esta iniciativa conta coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico de Lugo e está promovida polo Concello de Abadín no marco das súas accións para a mellora da seguridade cidadá.

Animámosvos a participar!