PLAN VEO

Obxecto

O Plan Veo ten por obxecto mellorar a atención visual da poboación menor de idade ata os 16 anos, incluídos, en España.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarios das axudas para a adquisición de sistemas de axuda visual as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Ter cumpridos 16 anos ou menos no momento de solicitar a axuda.
  2. Ter dereito a asistencia sanitaria con cargo a fondos públicos por parte do Sistema Nacional de Saúde.
  3. Ter un problema de refracción acreditado por un  profesional sanitario susceptible de ser corrixido por un sistema de ayuda visual, incluído no Plan Veo.

Cuantía

A axuda concedida terá un importe máximo de cen euros (100 €), con IVA incluído, por persoa beneficiaria.

Gastos subvencionables

O Plan Veo financia a adquisión dos seguintes sistemas de axuda visual:

  1. Montura básica de gafas con lentes graduadas orgánicas con antirreflexante
  2. Lentes graduadas orgánicas con antirreflexante.
  3. Lentes de contacto e solución líquida necesaria para o seu mantemento, ambas con unha cuantía suficiente para o seu uso durante o período de un ano.

Solicitudes

As solicitudes da axuda realizaránse únicamente de forma presencial nun establecemento de óptica participante no Plan Veo (a óptica encargarase de tramitar a axuda co Ministerio de Sanidade (consultar el mapa de de ópticas adheridas en https://planveo.cgcoo.es/buscador).

A persoa beneficiaria menor de idade, deberá acudir a unha óptica co seu pai, nai ou titor legal, que será a persoa responsable da solicitude.

Plazo:

A adquisición de sistemas de axuda visual as persoas físicas será ata o 31 de decembro de 2026 ou ata o agotamento do crédito dispoñible.

Información :

Página web:www.sanidad.gob.es