RED MAY
Rede de apoio e mantemento comunitario de persoas maiores no entorno rural galego
Esta actividade, que terá lugar do 21 ao 25 de outubro de 2019 (ambos días inclusive) no municipio de Abadín, ten como finalidade o achegamento ao medio rural dos servizos sociais e asistenciais de proximidade para facilitar o acceso aos mesmos sen necesidade de desprazamentos fóra da localidade ou entorno máis inmediato.
O proxecto RED MAY (Rede de apoio ás persoas maiores que residan no rural galego) é un programa totalmente gratuíto para as persoas interesadas en participar, levado a cabo pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia dentro do Programa Operativo INTERREG V A España Portugal (POCTEP) que presta os seguintes servicios mediante profesionais habilitados legalmente a través dunha unidade móbil:
- Servizos ópticos: prestaranse, entre outros, os servizos de revisión xeral e gradación da vista por unha persoa graduada en óptica e optometría.
- Servizos de podoloxía: prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés por unha persoa graduada en podoloxía.
- Servizos de asesoramento e apoio sobre servizos esenciais cotiás: farmacolóxicos, xurídicos e bancarios, normas de etiquetado e información alimentaria, subministracións domésticas, contratación e facturación e outros servizos e programas destinados a maiores promovidos pola Consellería de Política Social: servizo de teleasistencia, transporte adaptado, actividades de envellecemento activo.
As persoas destinatarias deste proxecto son as persoas maiores de 55 anos que precisen algúns dos servizos sociais e asistencias prestados.
A unidade móbil dispón de acceso para persoas con mobilidade reducida (conta cunha plataforma elevadora).
Para a obtención de citas poden dirixirse aos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Abadín (entidade colaboradora), no número de teléfono 982.508.021 (data límite para solicitar cita: ata o 11 de outubro de 2019).