Charla-informativa «Un dormitorio cómodo e seguro»
O Centro de Atención de Persoais Maiores de Abadín, en colaboración co Concello de Abadín, organiza unha charla-informativa sobre adaptacións no fogar, axudas técnicas, transferencias da cama ao sillón, prevención de caídas e úlceras, etc…entre outras.
A charla-informativa terá lugar o mércores, 5 de febreiro de 2020 no Salón de Actos do Concello de Abadín , ás 11.30 horas da mañá.
O obxectivo desta charla é informar e facilitar a vida diaria aos enfermos e aos seus familiares, mantendo a autonomía o maior tempo posible.
A charla estará impartida pola Terapeuta Ocupacional do Centro de Día de Abadín, Vanessa Hermida Carballeira.
Falarase de:
- Cómo se deben colocar os mobles?
- Qué tipo de cama e almofada facilitaría o descanso?
- Qué axuda a previr feridas na pel por presión prolongada?
- Cómo se poden previr caídas ou lesións?
- Cómo se fan os traslados de cama a sillón?