ESTATÍSTICAS
1.- DELIMITACIÓN DA ZONA DE ACTUACIÓN.

Situado ó noreste de Galicia, ó norte da provincia de Lugo e ó norleste da comarca da Terra Chá, o Concello de Abadín conta cun total de 19 parroquias, 194 entidades de población e ten unha superficie total de 196,1 Km2. Limita ó norte cos concellos de Alfoz e de Valadouro; ó leste con Mondoñedo e A Pastoriza; ó sur con Cospeito e ó oeste con Vilalba e Muras.

2-. CLIMA


O clima dominante é de tipo oceánico-continental.

A temperatura media anual é suave, arredor de 10 ºC e as precipitacións son elevadas, 1799mm/ano. Os invernos son fríos e chuviosos e os veráns son secos.



3.- PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS SOCIOECONÓMICAS.

3.1.-Estructura da poboación:

Segundo os últimos datos publicados do Padrón Municipal do 2005, a poboación total do concello é de 3.201 habitantes, dos cales, 1.538 son homes e 1.663 son mulleres, representando o 48% e o 52% da poboación total respectivamente (Táboa 1, Gráfico 1).


POBOACION (PADRÓN) TOTAL HOMES MULLERES PERÍODO
POBOACIÓN 3.201 1.538 1.663 2005
DE 0-15 ANOS
239 127 112 2005
DE 16 A 64 ANOS
1,813 932 881 2005
DE 65 E MÁIS ANOS
1.149 479 670 2005
IDADE MEDIA 52,3 50 54,4 2005

Fonte: INE/IGE

 

A distribución da población abadinense por sexo pódese observar no seguinte gráfico:Gráfica representativa da poboación por sexo

Por idades, a poboación de 0 a15 anos representa o 7,46 % do total, a poboación de 16 a 64 anos, a que está en idade laboral, representa o 56,66 % e a poboación de 65 e máis anos representa o 35,88 % do total da poboación abadinense:

 

Gráfica representativa da poboación por idades