QUE VER

OCIO

Entre as abundantes actividades de lecer, pódese practicar sendeirismo polos múltiples sendeiros e camiños do municipio; tamén pasa por Abadín a ruta da costa do Camiño de Santiago.

image028.jpg
No campo da artesanía, o máis típico son as colchas e as mantas tecidas, e tamén destaca o traballo dos metais.

No aspecto turístico, neste concello pódese subliñar o gran potencial paisaxístico e ecolóxico das serras de Cadramón e do Xistral, que son reservas naturais protexidas que reúnen unhas condicións inmellorables para o sendeirismo e mais para o turismo verde en xeral. Tamén se pode practicar a pesca deportiva no río Támoga ou a caza maior no Corda de Neda.


Ademais, hai unha área recreativa en Gontán, outra en Moncelos e outra en Arnela-Catromaior nas que se pode pasar unha xornada sosegada en contacto coa natureza. Tamén paga a pena visitar a Fraga Vella.
Nas rutas, ademais de sendeirismo, hai que sinalar o Camiño de Santiago, ruta do norte, que penetra procedente de Mondoñedo por Samordás e que vai paralelo á N-634 ata Abadín, e desde alí ata Mariñán-Vilalba.



Abadín conta cunha empresa de deportes de aventura: TERRAVENTURA, na que se poden practicar os seguintes deportes: escalada, trekking, barranquismo, espeleoloxia, raftin, paint-ball, tiro con arco, mergullo, rutas, paramotor, quads.

Encóntrase en:
Estrada Xeral Abadín 676 013 913 - 607 150 041