SEMINARIO TALLER DIRIXIDO A EMPRENDEDORES E EMPRESAS SOBRE CERTIFICACIÓN FORESTAL
Tuesday, 07 October 2014

1412674978_Seminario emprendedore empresas.jpgO pasado xoves e venres celebrouse na Biblioteca Municipal de Abadín un seminario dirixido a emprendedores e empresas sobre os aspectos relacionados coa certificación forestal e a trazabilidade de plantacións forestais.

Arredor dunha treintena de persoas acudiron a este seminario para profundizar nestas cuestións de carácter forestal xa que a calidade da xestión dos montes é cada vez máis importante no mercado da madeira.