MULTITUDINARIO ENTROIDO EN ABADÍN
Wednesday, 05 March 2014

1394109193_entroido desfile 2014.JPGO domingo, día 2, o Concello de Abadín volveu a poñer en marcha o desfile de Carnaval que xa é, a día de hoxe, un referente no norte da provincia. O número e o nivel dos participantes é cada ano maior. A creatividade e o inxenio déstes sorprendeu ó público e á organización.

 

Como é habitual, entre o desfile de disfraces e a entrega de premios, os asistentes puideron tomar un tentempié quente de chocolate con churros.