ÉXITO NA EXPOGRELO DE ABADÍN
Wednesday, 05 March 2014

1394104049_expogrelo 2014.JPGO pasado sábado celebrouse no campo da feria de Gontán a IX edición de Expogrelo de Abadín organizada polo Concello. A xornada estivo marcada pola choiva pero non foi un impedimento para que un numeroso público se achegase ata a feria a comprar grelo de Abadín. Unha representación variada de prensa escrita e televisiva cubriu este evento que atrae, cada ano, a un maior número de persoas, máis alá da provincia e incluso de Galicia. A feira contou coa presenza de Dna. Rosa Quintana, Conselleira do Medio Rural e do Mar.

 

Despois de que os visitantes acudisen á degustación de caldo e empanada de grelo, as autoridades invitadas foron as encargadas de entregar os premios ós greleiros e greleiras á mellor calidade do producto e á mellor cesta ornamental.