CHARLA-COLOQUIO EN ABADÍN SOBRE A COMPOSTAXE DOMÉSTICA
Friday, 07 February 2014

1392286988_charla compostaxe.jpgOnte, xoves, celebrouse na Biblioteca Municipal de Abadín unha charla-coloquio sobre a preparación de compostaxe doméstica e a recollida selectiva de residuos.

 

Despois dunha ampla e interesante explicación sobre os aspectos máis importantes para garantir un bo resultado da compostaxe abreuse unha rolda de preguntas para respostar ás diferentes cuestións que platenxaron os asistentes.