INAUGURACIÓN DOS ÚLTIMOS TRAMOS DA AUTOVÍA A-8 EN GALICIA
Tuesday, 04 February 2014

1391617984_inauguracion A-8 abadin.jpgOnte celebrouse a inauguración dos dous últimos tramos pendentes de abrir da autovía A-8 ó seu paso pola provincia de Lugo. O acto celebrouse no tramo da autovía pertencente á parroquia de Galgao (Abadín).

 

Este acto foi protagonizado pola Ministra de Fomento, Dna. Ana Pastor, polo Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijóo, que descubriron a placa conmemorativa xunto co alcalde de Abadín, D. Jose María López Rancaño e outros representantes políticos do territorio e de Galicia.

 

Xusto antes do descubrimento da mencionada placa os alí presentes tiveron ocasión de percorrer en autobús os novos tramos onde puideron comprobar a gran complexidade da execución desta infraestrutura pública.