|
VISITA DO SUBDELEGADO DO GOBERNO A ABADÍN |
|
luns, 16 abril 2012 |
|
Hoxe, ás 10:30 h., o Concello de Abadín recibíu a visita do Subdelegado do Goberno en Lugo, D. Ramón Carballo Páez. A visita institucional iniciouse coa sinatura por parte do Subdelegado no Libro de Ouro do Concello de Abadín e a posterior visita ás instalacións do cuartel da Garda Civil.
A mencionada visita serviu para que o Alcalde de Abadín, D. José María López Rancaño, abordase co Subdelegado cuestións de interese para o noso municipio.
|