ESPAZOS NATURAIS

A paisaxe de Abadín está configurada por un fértil val interior cruzado polo río Ouro e rodeado de montes.

xistral.jpg

Morfoloxicamente, podemos distinguir dúas unidades: a primeira está constituída por un conxunto de elevacións montañosas entre as que destacan a Serra do Xistral (no noroeste) e a Serra de Carba(oeste). Estas elevacións configuran o bordo setentrional da meseta lucense. A segunda unidade morfolóxica constitúena as formas suavemente onduladas da superficie de erosión entre os 400 e 600 metros de altitude, que dan lugar a unha superficie con tendencia á horizontalidade, coa única elevación do Pico de Neda (735 metros) no Cordal de Neda.

 

Destacan ademais as súas áreas recreativas:

ÁREA RECREATIVA DE CASROMAIOR:

arnelacastromaior1.jpg

 

 

 

 

 

arnela1copia.jpg

 

 

 

 

 

ÁREA RECREATIVA DE GONTÁN:

areagontan.jpg

 

 

 

 

 

 

Dentro deste relevo montañoso destacan os seguintes montes:

- Porto das Egoas (631 m.), Argán (585 m.), na parroquia de Vilarente;
- Fonte da Mesa (900 m.), Costa de Currás (782 m.), na parroquia de Montouto;
- Argán (585 m.), na parroquia de Moncelos e que linda coa parroquia de Corvite e Vilarente;
- Lombopequeno (1.015 m.), Río Pedrido (1.005 m.), Ladeiras do Seixobranco (962 m.), Airavella (961 m.), Salgueiriño (935 m.), - Redondiño (916 m.), Pena da Cruz (831 m.), Mariñas do Rial (821 m.), Coto da Cal (807 m.), Chao da Fonce (788 m.), Pena do - Montrol (779 m.), Curro do Bispo (707 m.), Porto da Calzada Vella (670 m.), A Santa (600 m.), na parroquia da Labrada;
- Roza do Pleito (443 m.), Marco do Forneiro (440 m.), na parroquia da Graña;
-Abelleira (617 m.), Goás (604 m.), Meixón (474 m.), na parroquia de Goás;
- Rego de Bidueira (700 m.), Alto do Seixal (678 m.), Pena Grande (664 m.), na parroquia de Galgao;
- Pena da Auga (831 m.), Pena Labrada (803 m.) na parroquia de Fanoi;
-Sabugueiras (682 m.) e Argán (585 m.) na parroquia de Corvite.