PARROQUIAS
Abeledo, Santa María de
Limita coas parroquias de Goás, Baroncelle, Moncelos e Vilarente, e pertence ao arciprestado de Baroncelle. A partida máis antiga que se recolle no arquivo parroquial corresponde ao ano 1586. Ten 17 entidades de poboación e 232 veciños. A densidade media de poboación en 1991 era de 28´6 hab/km2.

Aldixe, San Pedro de
Pertence ao arciprestado de Baroncelle. Ten 124 habitantes distribuídos en 7 entidades de poboación, cunha densidade media de poboación en 1991 de 16´5 hab/km2.

Baroncelle, Santiago de
Pertence ao arciprestado de Baroncelle. Ten 239 habitantes que se distribúen nas súas 12 entidades de poboación. A densidade media de poboación en 1991 era de 31´8 hab/km
Cabaneiro, San Bartolomeu de
Pertencente ao arciprestado de Baroncelle, esta parroquia ten 68 habitantes e tan só 6 entidades de poboación. A densidade media de poboación en 1991 era de 18´3 hab/km2.

Candia, San Pedro de
Parroquia pertencente ao arciprestado de Baroncelle. Ten 120 habitantes e 8 entidades de poboación cunha densidade media de poboación en 1991 de 21´8 hab/km2.

Castromaior, San Xoán de
Pertence ao arciprestado de San Simón. Ten 260 habitantes distribuídos en 10 entidades de poboación cunha densidade media de 21´8 hab/km2.

Corvite, San Pedro de
Parroquia pertencente ao arciprestado de Baroncelle. As súas 7 entidades de poboación suman 116 habitantes, e a densidade media é de 20´7 hab/km2.

Fanoi, Santa María Madalena de
Pertence ao arciprestado de Mondoñedo, ten 12 entidades de poboación e 183 veciños. A densidade media é de 16´3 hab/km2 en 1991.

Fraiás, San Pedro de
Limita polo norte coa parroquia de Fanoi, polo sur con Cabaneiro, con Quende polo leste e con Abadín polo oeste. Pertence ao arciprestado de Baroncelle e ten 90 habitantes nas catro entidades de poboación que a compoñen. A densidade media de poboación en 1991 era de 60 hab/km2.

Galgao, San Martiño de
Parroquia pertencente ao arciprestado de Mondoñedo. Compóñena 7 entidades de poboación con 83 veciños, cunha densidade media de poboación de 8´8 hab/km2 en 1991.

Goás, San Pedro de
Parroquia delimitada por Abadín e Candia polo norte, por Baroncelle e Abeledo ao sur, por Cabaneiro ao leste e por Aldixe ao oeste. Formou parte da desaparecida xurisdición de Costa do Monte sobre a que exercía o seu señorío o bispo de Mondoñedo, entre outros. Ten 7 entidades de poboación e 123 habitantes cunha densidade media de 48´9 hab/km2 en 1991.

Graña, Santa María Madalena de
Limita ao norte con Vilarente, ao sur con Muimenta e Roás (de Cospeito), ao leste con Vilarente e ao oeste con Moncelos e Goás (Cospeito). Pertence ao arciprestado de Baroncelle e ten 13 entidades de poboación con 338 habitantes. A densidade media era de 48´9 hab/km2 en 1991.

Labrada, San Pedro de
Parroquia delimitada ao norte co Cadramón (O Valadouro) e Pereiro (Alfoz), ao sur con Castromaior, Fanoi e Romariz, ao leste con Figueras, Mondoñedo e Romariz, e ao oeste coa Costa, Corvelle (Vilalba) e Montouto. Os documentos máis antigos nos que se cita a parroquia refírense ao 1407 cando o bispo de Mondoñedo, Álvarez Núñez de Isorna, lle arrendou a Nuño Freire varios coutos da súa xurisdición, entre eles Labrada. Ten 28 entidades de poboación e 372 habitantes. A densidade media era en 1991 de 6´4 hab/km2.

Moncelos, Santa María de
Limita ao norte coas freguesías de Baroncelle e Corvite; ao sur con Goás; ao leste con Graña e Vilarente e ao oeste con Árbol. Pertence ao arciprestado de Baroncelle e compóñena 10 entidades de poboación. Ten 324 habitantes e unha densidade media en 1991 de 37´2 hab/km2.

Montouto, Santa María de
Esta parroquia limita ao norte coas freguesías de Labrada e Silán, ao sur coa Costa, ao leste con Labrada e ao oeste co Burgo. Pertence ao arciprestado de San Simón e ten 10 entidades de poboación con 125 veciños, cunha densidade media de 12´5 hab/km2 en 1991.

Quende, Santiago de
Limita ao norte con Romariz e Sasdónigas, ao sur con Loboso, ao leste con Sasdónigas e Galgao, e ao sur con Romariz, Fanoi, Fraiás e Abadín. Pertenceu á antiga Mestrescola de Mondoñedo e era freguesía de entrada de provisión ordinaria. A vila de Quende foi posesión do mosteiro de Lourenzá. O seu arciprestado é Mondoñedo, ten 10 entidades de poboación e 282 habitantes, cunha densidade media de 21´5 hab/km2.

Romariz, San Xoán de
Parroquia delimitada coas freguesías de Labrada e Nosa Señora dos Remedios de Mondoñedo ao norte, Quende polo sur, polo leste Quende e Sasdónigas, e Fanoi e Labrada polo oeste. A freguesía pertenceu á vigairía da Mestrescola de Mondoñedo. A herdade de Choi foi concedida polo abade de Lourenzá, frei Romero, en 1207 a dez poboadores. Pertence ao arciprestado de Mondoñedo, ten 11 entidades de poboación e 252 habitantes. A densidade media era de 26´8 hab/km2 en 1991.

Villarente, San Xoán de
Esta parroquia pertence ao arciprestado de Baroncelle. Ten 8 entidades de poboación nas que se distribúen os seus 324 habitantes. A densidade media en 1991 era de 37´2 hab/km2.