BENVIDA DO ALCALDE
Thursday, 09 November 2006
Retrato do alcalde de Abadín
É para min unha satisfación poder saudar dende a páxina web oficial do Concello de Abadín ás nosas veciñas e veciños, así como tamén, a aquelas persoas que teñan un interese polo noso municipio.

A accesibilidade á información municipal dende calquera parte do planeta permítenos acurtar as distancias con aquelas persoas que se atopan desprazadas e que queiran realizar algún trámite de carácter administrativo.

Por iso, do mesmo xeito que estes espazos virtuais inflúen cada vez máis na nosa vida cotiá, dende o Concello pretendemos achegarnos ás necesidades das persoas para proporcionar uns servizos municipais de maior eficacia, eficiencia, calidade e transparencia.


Invítovos a todas e a todos a que utilicedes este espazo aberto ó mundo desexando que sexa do voso interese e agrado.


Benvidos e grazas por visitarnos.
Xosé María López Rancaño
Alcalde de Abadín