|
MULTITUDINARIA ASISTENCIA Á 4ª SARDIÑADA |
|
|
|
martes, 07 agosto 2007 |
|
Centos de persoas déronse cita o pasado 4 de agosto na praia fluvial de Gontán na 4ª Sardiñada popular do verán. Un día plenamente veraniego propiciou que a xente puidese disfrutar da degustación de sardiñas do Cantábrico, empanadas e postres das panaderías do municipio e bebida para acompañar.
A tarde estivo amenizada por unha orquesta que estivo situada ó carón da carpa central. A boa comida, a compañía de familiares e amigos, a música e o baile producíu unha grande satisfación a tódolos alí presentes.
O día foi idóneo para que os/as bañistas se puidesen dar un chapuzón para aliviar un serán con temperaturas propias desta estación.
|