|
venres, 29 xuño 2007 |
|
A pasada tarde do xoves 28 de xuño tivo lugar unha exhibición de patinaxe artístico no Pavillón Municipal de Abadín. Os protagonistas foron nenas e nenos do municipio que demostraron as súas habilidades sobre patíns.
Realizaron variadas coreografías que estaban acompañadas de diferentes estilos musicais que foron do agrado do público asistente.
Ó finalizar este evento artístico, protagonistas e público, recuperaron forzas cunha merenda de chocolate con churros.
|